
A campaña do "condutor alternativo", posta en marcha durante os meses de xullo, agosto e setembro pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade, chegou a máis de 20.000 mozos galegos e realizou preto de 1.000 probas de alcoholemia a condutores antes de coller o automóbil.
O obxectivo desta campaña é a sensibilización da mocidade baixo a máxima de "0% de alcol ao volante e a aposta polo condutor alternativo" para conseguir reducir os accidentes de tráfico entre os máis mozos. Así, para conseguir o máximo de incidencia entre a xuventude, a campaña desprazouse a un total de 37 localidades galegas durante as fines de semana entre as 0:00 horas e as 4:00.En total, repartíronse máis de 16.000 carteis _un triángulo que se coloca enriba dos coches co lema "Libre de alcol"- e distribuíronse máis de 9.000 camisetas, coas mesmas máximas, que moitos dos mozos xa se puxeron cando a recibiron.Ademais das accións a pé de rúa levadas a cabo por mozos e mozas de asociacións xuvenís, a campaña incidiu directamente nos usuarios de preto de 30 Noitebús, onde se informou aos mozos e mozas, repartíronse carteis, e moitos condutores levaron posta a camiseta da campaña.Os responsables de proxecto tamén mantiveron reunións cos locais de ocio nocturno dos lugares onde se tivo lugar, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia, a quen lles pediu a súa colaboración para colgar os carteis, para levar a cabo as actuacións de difusión da información e para implicar aos traballadores do ocio nocturno.En total, visitáronse ao redor de 350 locais de marcha nas cidades e localidades nas que se desenvolveu da campaña (nalgunha delas a campaña repetiuse máis dun día). Ademais da colocación de carteis nestes establecementos, moitos dos traballadores acordaron levar a camiseta da campaña durante a promoción.En concreto, a campaña chegou en A Coruña a 18 localidades: A Coruña, Betanzos, Santiago, Laracha, Ferrol, Ordes, Narón, Ribeira, A Pobra, Melide, Cedeira, Rianxo, Santa Comba, Boiro, Pontedeume, Noia, Cee e Carral. En Lugo, estivo en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo e na propia capital provincial, mentres que en Ourense estivo na capital, en Verín e Carballiño. Pola súa banda, o condutor alternativo visitou once municipios de Pontevedra: a propia cidade de Pontevedra, Vigo, O Grove, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía, Portonovo, Baiona, Nigrán, Ponteceso e A Estrada.Paralelamente á campaña de presenza na rúa, a aposta xuvenil pola condución responsable tamén se levou a cabo en Internet, a través das webs www.xuventude.net e www.condutoralternativo.org e das redes sociais Facebook e Tuenti, onde se conseguiu que máis de tres mil mozos e mozas galegos se sumasen de xeito virtual a esta campaña.Esta campaña de verán para a prevención de accidentes de tráfico entre a mocidade supón un punto de partida da Consellería de Traballo e Benestar para desenvolver ao longo de todo o ano "accións potentes e decididas sobre esta importante problemática xuvenil".

No hay comentarios:
Publicar un comentario