martes, 23 de febrero de 2010

ANULADA LA GALA PRO -HAITI

La asociacion juvenil AVELAS VIR siente comunicar que la GALA PRO-HAITI que teniamos preparada para el sabado 27 de febrero, QUEDA ANULADA POR LAS INCLEMENCIAS DEL TIEMPO, nos dan un 90% de posibilidades de lluvia y viento fuerte.
desde aqui quiero dar las gracias a todos nuestros colaboradores y a vosotros deciros que no cesaremos en el empeño, muchas gracias

lunes, 18 de enero de 2010

ayuda solidaria


Betanceiros en el mundo ha tenido una magnifica idea para que los Betanceiros colaboremos con el desastre de Haiti, tienen una cuenta en el banco etcheverria donde poder colaborar la gente del pueblo y sin cobrar comisiones.
Un saludo

El que quiera colaborar , acercarse al banco , en el canton.

lunes, 11 de enero de 2010

Buscamos gente para un curso de Monitor de Tiempo Libre


Gente joven que le interese hacerse con la titulación y despues poder sacarse un dinerito extra trabajando en los campamentos juveniles de verano.

www.avelasvirbetanzos@gmail.com , con nombre , edad, población, dni y telefono de contacto.

jueves, 10 de diciembre de 2009

CUIDADO AMIGOS




POSIBLE ESTAFA


POSIBLE ESTAFA




Cuidado estos dias en Betanzos estan llamando a numeros de telefono para ofrecer participar gratuitamente en una apuesta conjunta del euromillon, despues de que aciertes una sencillapregunta en referencia a loterias, te piden datos para ingresarte el premio, yo en tu lugar ni lo haria, la direcion de esa empresa coincide en google maps con un restaurante, que casualidad.


Los bancos prohiben dar datos por telefono y por internet, asi que ya sabes amigo u amiga


Un saludo, A VELAS VIR

viernes, 6 de noviembre de 2009

AXUDANOS , A VELAS VIR COLABORA.







Campaña de reciclaxe de móbiles "Mobilízate pola selva"
Campaña do instituto Jane Goodall que combina reciclar móbiles e colaborar con proxectos de educación ambiental e conservación de hábitats na República do Congo. CEIDA colabora en Galicia con esta campaña del Instituto Jane Goodall
Na actualidade, a taxa de reciclaxe de móbiles é inferior ao 5%. En España existen máis de 52 millóns de liñas de teléfonos móbiles. A este número hai que engadir aqueles móbiles máis antigos que se cambian e os cidadáns gardan ou tiran ao lixo.A explotación do mineral coltán que fai posible a tecnoloxía dos móbiles, ordenadores e consolas está no centro dos conflitos bélicos que producen centos de miles de vítimas e refuxiados na República Democrática do Congo. A explotación mineira ilegal utiliza man de obra semiescravizada, destruíndo ademais os hábitats de moitas especies africanas, coma os chimpancés e os gorilas, en grave perigo debido á caza furtiva e a deforestación.Todo aquel que queira colaborar na protección dos ecosistemas africanos pode facelo achegando o seu móbil en desuso (en funcionamento ou non) ou recolléndoos entre amigos e familiares porque así contribuirá a reutilizar terminais e reducir a demanda dos seus compoñentes, a reutilizar elementos útiles e dispor adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio, e a recadar fondos para os programas de educación e conservación no Congo, como o Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga.Máis información: http://www.movilizateporlaselva.org/es/

A VELAS VIR COA CAMPAÑA DE CONDUCTOR ALTERNATIVO







A campaña do "condutor alternativo", posta en marcha durante os meses de xullo, agosto e setembro pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade, chegou a máis de 20.000 mozos galegos e realizou preto de 1.000 probas de alcoholemia a condutores antes de coller o automóbil.
O obxectivo desta campaña é a sensibilización da mocidade baixo a máxima de "0% de alcol ao volante e a aposta polo condutor alternativo" para conseguir reducir os accidentes de tráfico entre os máis mozos. Así, para conseguir o máximo de incidencia entre a xuventude, a campaña desprazouse a un total de 37 localidades galegas durante as fines de semana entre as 0:00 horas e as 4:00.En total, repartíronse máis de 16.000 carteis _un triángulo que se coloca enriba dos coches co lema "Libre de alcol"- e distribuíronse máis de 9.000 camisetas, coas mesmas máximas, que moitos dos mozos xa se puxeron cando a recibiron.Ademais das accións a pé de rúa levadas a cabo por mozos e mozas de asociacións xuvenís, a campaña incidiu directamente nos usuarios de preto de 30 Noitebús, onde se informou aos mozos e mozas, repartíronse carteis, e moitos condutores levaron posta a camiseta da campaña.Os responsables de proxecto tamén mantiveron reunións cos locais de ocio nocturno dos lugares onde se tivo lugar, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia, a quen lles pediu a súa colaboración para colgar os carteis, para levar a cabo as actuacións de difusión da información e para implicar aos traballadores do ocio nocturno.En total, visitáronse ao redor de 350 locais de marcha nas cidades e localidades nas que se desenvolveu da campaña (nalgunha delas a campaña repetiuse máis dun día). Ademais da colocación de carteis nestes establecementos, moitos dos traballadores acordaron levar a camiseta da campaña durante a promoción.En concreto, a campaña chegou en A Coruña a 18 localidades: A Coruña, Betanzos, Santiago, Laracha, Ferrol, Ordes, Narón, Ribeira, A Pobra, Melide, Cedeira, Rianxo, Santa Comba, Boiro, Pontedeume, Noia, Cee e Carral. En Lugo, estivo en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo e na propia capital provincial, mentres que en Ourense estivo na capital, en Verín e Carballiño. Pola súa banda, o condutor alternativo visitou once municipios de Pontevedra: a propia cidade de Pontevedra, Vigo, O Grove, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía, Portonovo, Baiona, Nigrán, Ponteceso e A Estrada.Paralelamente á campaña de presenza na rúa, a aposta xuvenil pola condución responsable tamén se levou a cabo en Internet, a través das webs www.xuventude.net e www.condutoralternativo.org e das redes sociais Facebook e Tuenti, onde se conseguiu que máis de tres mil mozos e mozas galegos se sumasen de xeito virtual a esta campaña.Esta campaña de verán para a prevención de accidentes de tráfico entre a mocidade supón un punto de partida da Consellería de Traballo e Benestar para desenvolver ao longo de todo o ano "accións potentes e decididas sobre esta importante problemática xuvenil".

AYUDAS PARA VIVIENDA

Entra en vigor a rebaixa á metade dos impostos para facilitar o acceso á vivenda de mozos e familias numerosas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica 28/10/2009 a reforma da Lei de medidas tributarias relativas ao imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para o fomento do acceso á vivenda e á sucesión empresarial.Ten carácter retroactivo para as operacións realizadas a partir do pasado 1 de xullo. Os beneficiarios os menores de 36 anos de idade e as familias numerosas.Con esta reforma o tipo de gravame aplicable no imposto sobre transmisións patrimoniais será do 4% -antes era do 7%-, mentres que no de actos xurídicos documentados será do 0,3%, fronte ao 0,75% vixente con anterioridade.A Consellería de Facenda salienta a oportunidade da nova lei de medidas tributarias relativas ao imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para o fomento do acceso á vivenda porque nunha situación de crise como a actual cómpre introducir e manter estímulos fiscais para reactivar a economía.Ademais, resalta que esta rebaixa impositiva responde a unha obriga constitucional, como o deber de promover as condicións favorables para o progreso social e económico no marco dunha política de estabilidade económica, de facilitar o acceso a unha vivenda digna e de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.Facenda subliñou que o obxectivo perseguido é poñer recursos a disposición dos colectivos beneficiados (mozos e familias numerosas) co fin de facilitar o seu acceso á vivenda e engadiu que estas vantaxes limítanse en atención ao prezo de adquisición e aos niveis de patrimonio dos contribuíntes, así como mediante a súa incompatibilidade con outros beneficios fiscais establecidos pola comunidade autónoma con idéntica finalidade. Na tramitación parlamentaria ampliáronse os beneficios fiscais aos supostos de sucesión de empresas para facilitar o cambio xeracional e o mantemento da actividade económica e do emprego, polo que vai contribuír á sostenibilidade das empresas en crise.